| B2 | 88 Vivendas |

Bertamiráns | 2006 | 2009

O Plan Xeral define un amplo parque central arrodeado por bloques de vivendas. E disto se derivan dous problemas de difícil solución: o primeiro, a excesiva lonxitude dos bloques –de ata 150m- que configura un valado continuo e impide ou dificulta a necesaria permeabilidade coa zona verde central; e o segundo, un fondo de 24m, que condena ás vivendas da franxa central a insuficientes luz e ventilación.

Deste xeito, o proxecto debeu formularse salvando estas dúas iniciais e arbitrarias condicións normativas. Definimos, polo tanto, bloques exentos, cunha separación entre eles de 5m, aínda que puntualmente unidos nas plantas superiores polos “salóns colgados”, que se retraen da liña de fachada se ben manteñen a unidade do conxunto.

En resumo, propíciase a necesaria permeabilidade co parque central, ao tempo que se da resposta a un correcto asolamento de todas as estancias.

  • Arquitectos redactores
    Alfonso Salgado, Francisco Liñares
  • Dirección da obra
    Alfonso Salgado, Francisco Liñares
  • Director de execución
    Castor Campos
  • Promotor
    B2 de Vivendas - Sociedade Cooperativa Galega
  • Estructuras
    Manuel Liñares
  • Instalacións
    Manuel Liñares, Miguel Raposo
  • Debuxo
    Santiago Rey, Sergio Sánchez
  • Fotografías
    Héctor Santos
    Alfonso salgado
  • Empresa constructora
    KOTLAS, S.L., Miguel Iglesias Mera, S.L.