| Aparcamento na rúa Xuiz Falcone |

Noia | 2016

Reformulación dun ambito público:
Aparcamento na rua Xuiz Falcone.
Dobre rua – dobre espazo

Mención Especial do Xurado. Premios de Arquitectura de Galicia II | 2018

Finalista Premios COAG XVII. Espacio exterior público | 2017


O proxecto ten por obxecto a reformulación do ámbito da Rúa Xuíz Falcone.

Na orixe do proxecto, e coma elemento activador, está a recuperación do nivel orixinal da rúa, perturbado polo agresivo recheo dos anos oitenta. Isto propicia unha transición lóxica e natural ca Finca do Marqués, e por extensión, ca ría e co Atlántico. O desprazamento vertical da rasante permite a disposición de dous niveis lonxitudinais superpostos: é dicir, propicia a disposición de dúas calles superpostas, anque abertas ao poñente, coma se dun edificio de dous andares se tratase.

A dobre natureza do espacio maniféstase tamén nos usos. Nun primeiro senso, o máis prosaico ou funcional, a dobre rúa compórtase coma un espacio de circulación e aparcamento a dous niveis: este será o seu uso, por así dicilo, “nos días de diario”. Pero nun segundo senso, o máis poético ou festivo, a sección transversal transmútase nun “Dobre Espazo”, e abre posibilidades de usos alternativos agora só latentes: de mercados a cuberto ou ao aire libre, de feiras do libro ou gastronómicas, de asembleas ou reunións da veciñanza, de debates, de xogos, de reunións públicas e de xuntanzas. En definitiva, de eventos públicos e sociais de variadas condición e natureza. Todos estes usos, propiamente de estancia e de dimensión pública, poden ser agora os puntuais protagonistas da dobre rúa dedicada ao Xuíz Falcone, nunha mutación optimista do espacio público que abre posibilidades latentes hoxe adormecidas.