| Praza do Curro |

Alfonso Salgado | Francisco Liñares | Santiago Rey
Noia. | 2014

Reformulación dun espazo público: de rúa a praza. Pavimentación da praza do Curro.

A Praza do Curro foi tradicionalmente o principal espazo público de actividade ó aire libre do casco histórico de Noia. Esta actividade, manifesta no mercado de cada xoves e domingo, dotouna dun vigor excepcional, incapaz con todo de conter o constante e acusado deterioro ó que se veu sometida a praza nestes últimos corenta anos.

Por un lado, novos e insolentes edificios, todos eles fóra de escala, veñen a substituir a gran parte do caserío tradicional, por outro, o espazo ocupouse con todo tipo de inconexos pavimentos, por último, os coches colonizaron o espacio, que se converteu as máis das veces en simple aparcamento. É dicir, o ámbito desembocou nun conxunto de inconexos retais que sobrevive.

Así as cousas, xa no inicio do proxecto entendemos que a nosa intervención non podría ser neutra, é dicir, debería realizarse coa debida contundencia, co fin de impoñerse á vulgaridade das fachadas. Por fortuna, contábamos coa magnífica proporción do espazo.

O proxecto, co fin principal de recuperar o carácter estancial da praza, abordouse de maneira principal as seguintes cuestións:

Substitución de tódolos pavimentos.
Resolución dos distintos desniveis e dos accesos ós edificios, e en especial, do acceso ó Coliseo Noela.
Reposición de tódalas instalacións e novo trazado.
Reordenación do tráfico e definición dun ámbito acoutado de carga e descarga.

Partíamos dun bo número de lousas de granito a reutilizar, se ben moi escaso para facelo extensivo a todo o ámbito. E do problema da escasez xurdeu la solución: un pavimento de pedra-formigón lavado que ademáis de recoller a dualidade arquitectónica do ambiente presentase unha personalidade suficiente como para impoñerse ól deterioro das fachadas.

E o proceso foi como sigue:

1 | Serramos en sentido lonxitudinal as grosas lousas de pedra, co fin de obter dúas caras de traballo que permitisen un correcto encontro co formigón. Esto derivou nun sinfín de dobres e simétricas pedras, é dicir, derivou na individualización de cada par de pedras, e na introducción no conxunto dunha benvida e sorprendente figuración. Asimesmo, dito proceso permitiunos reutilizar grandes lousas de casqueiros e pezas sobrantes de taller, cortadas ben con máquina de disco –de ancho máximo 1,20m-, ben con máquina de fío – sen limitación de dimensión.
2 | Optamos por un formigón realizado en obra con cemento branco e árido escollido, de diferentes tamaños e cores, negro ou branco: catro tons distintos de formigón e diferentes texturas segundo a intensidade do lavado.
3 | Fixemos coincidir as xuntas de construcción coas xuntas de retracción, de tal forma que o formigonado alterno evitase o corte posterior del hormigón. 4. Reservamos para certos ámbitos un pavimento de losas de granito sen xunta, a hueso, en franca contradición co resto do pavimento.
4 | Definimos unha nova escalinata de acceso ó Coliseo Noela.
5 | Integramos no pavimento, nas súas liñas de forza, as recollidas de pluviais, con encofrados realizados ben con poliestireno, ben con madeira, que remitisen á sección dos peldaños do Coliseo.
6 | Acoutamos un espacio para carga e descarga, na entrada desde a Carreiriña, que libera tres cuartos da superficie para uso exclusivo do peatón, es dicir, das persoas.

O proceso de obra durou doce meses e organizouse en dúas fases, a segunda delas realizada por administración, con empregados do Concello. Unha experiencia estupenda que repetiríamos con gusto.

E ó fondo, as magníficas laudas de Santa María Nova, que como o Macguffin de Hitchcock sobrevoan a trama.