| Cabanas do Barranco |

Ousesende, Outes. | 2014

Centro de actividades mariñeiras e cabanas do barranco en Ousesende, Outes

Premio COAG XVII | 2017

Mención Especial do Xurado Premios EGURTEK III. Euskadi | 2016

Mención Especial do Xurado Premios de Arquitectura de Galicia I | 2016

Finalista Barbara Cappochin International Architecture Prize | Italia | 2017

Selección Gran Premio Enor VII | 2017

Selección Premios FAD | 2015

Recibimos o encargo dunha intervención hoteleira singular con apartamentos independentes nun vacío do núcleo de Ousesende, concello de Outes. Froito do abrupto da súa topografía e do paulatino abandono deste tipo de núcleos, sobre a parcela derramárase un bosque espontáneo e heteroxéneo que cercaba a aldea ameazando con recuperar o que un día foi seu.

A premisa de conservar a vexetación e os seus caprichos así como o non realizar ningún movemento de terra que poidera danar as raíces das diferentes especies levanos a establecer as pautas para determinar a forma e a implantación de cada unidade en tres niveis de detalle:

A nivel global, realízase unha primeira aproximación á parcela desde a súa sección. Conseguimos unhas primeiras manchas asomándonos ós diferentes bordes e facendo nosos os terreos circundantes, liberando espacio e buscando a intimidade de cada edificación sen renunciar a unha sorprendente perspectiva, entre as ramas, sobre a desembocadura do Rio Tines, os montes Barbanza, Trémuzo e A Pena, e o nacemento da ría de Muros-Noia.

Nun segundo nivel, defínense formalmente as diferentes edificacións así como a súa implantación atendendo á evolución caprichosa das diferentes especies, buscando ocos entre as súas ramas, condicionados polos seus orixes, su presente y su futuro.

Nun terceiro nivel, defínense os apoios sobre os que soportar as lixeiras estructuras de madeira sen danar as raíces das diferentes árbores entre os que se integran, defínense tamén as alturas das diferentes edificacións e os accesos, buscando difuminar a línea entre edificación e entorno, natural e artificial.

A intervención realízase cun elaborado sistema construtivo en madeira que determina acabados e proporcións. As fachadas rematanse con madeiras recicladas que aceleran a natural integración do conxunto.

A inspiración, aquelas primeiras construcións que, cando nenos, evidenciaban ese instinto atávico de desexar vivir entre as ramas das árbores.

  • Arquitectos redactores
    Alfonso Salgado + Francisco Liñares, arquitectos
  • Enxeñeiro
    Manuel Liñares
  • Director de execución
    Castor Campos
  • Promotor
    Do Artesanato CAC, SL
    www.cabanasdobarranco.com
  • Arquitectos colaboradores
    Jaime Novoa Míguez, Carla Agra García
  • Enxeñeiro técnico industrial
    Miguel Ángel Raposo Rodríguez
  • Delineante
    Sergio Sánchez Alcalde
  • Arquitecto técnico
    José Castor Campos Rodríguez
  • Fotografía
    Héctor Santos-Díez, Nacho Santás
  • Construcción
    Tente Construcciones Modulares, SL
    www.addomo.es