| Casa de Fátima e Carlos en ames |

2006 | 2008

Accésit Premios COAG XIII. Nova Planta | 2008

A parcela sitúase no límite do núcleo rural e con pendente descendente cara un regato co que linda no seu plano inferior.

A súa singular topografía e a cualidade de borde da parcela anticipaban que a nosa intervención se convertiría na fachada do núcleo no seu acceso polo vento leste si ben, dende a aldea, pasaría prácticamente desapercibida.

O programa resólvese a nivel do acceso principal. A edificación emerxe con discrección no contacto oeste co núcleo e torna nun balcón sobre a ribeira a medida que o terreo se precipita.

O espacio inmediatamente inferior nace da normal evolución dunha sección que permite que a planta semisoto, xa en contacto ca parcela, resolva o encontro co terreo e o seu normal discorrer ata a ribeira.

Unha chapa ondulada de aluminio branco sobre rastreis permite un acabado homoxéneo no seu conxunto e singular na proximidade.

  • Arquitectos redactores
    Alfonso Salgado, Francisco Liñares
  • Dirección da obra
    Alfonso Salgado, Francisco Liñares, Santiago Rey
  • Director de execución
    Santiago Rey
  • Promotor
    Carlos García, Fátima Fernández
  • Arquitecto colaborador
    Santiago Rey
  • Estructuras
    Manuel Liñares
  • Instalacións
    Manuel Liñares, Miguel Raposo
  • Debuxo
    Santiago Rey, Sergio Alcalde
  • Fotografías
    Salgado e Liñares
  • Empresa constructora
    Construccións Hermanos Beiras